Pilgrim, incorpora na súa esfera un círculo metálico que indicará as horas cunha estrutura interna formada por cinco liñas converxentes unidas á Cruz de Santiago, unha forma emblemática nun feixe de luz e unha vieira de prata marcará os minutos e unha frecha amarela direccional inscrita nun pequeno disco central dindicará o movemento dos segundos...
Un índice dourado (representación simbólica do Apóstolo) e unha estrela dourada (en referencia á localización do sepulcro do Santo) rodeados de estrelas, porán o escenario á lenda
O conxunto en movemento, presentará unha esfera diferente en cada momento co paso do tempo sobre o firmamento do "Campus Stellae", a expresión latina que fai referencia a Compostela.
A Cruz de Santiago, a Vieira, a frecha, o feixe de luz, as encrucilladas nos índices das horas, as estrelas... toda unha linguaxe simbólica que se identifica co Camiño e que engade un valor emocional ao que representan e facen de Pilgrim unha peza única e especial.
Quero acompañarte e ser o recordo e a inspiración deses momentos que xa viviches ou vas vivir para que cando me mires, vexas o mellor de ti. Bo camiño, Peregrino!
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
ACEPTAR